Porto da Baía de Cádiz
Aparencia
O Porto da Baía de Cádiz é un complexo portuario situado na provincia de Cádiz, no litoral do océano Atlántico. Este complexo agrupa a varios portos situados na baía de Cádiz: Peirao de Cádiz, Peirao de Cabezuela-Puerto Real, Peirao da Zona Franca (Cádiz) e Peirao de El Puerto de Santa María. Todos estes portos están baixo a supervisión dunha mesma institución: A Autoridade Portuaria da Baía de Cádiz.
A privilexiada posición do porto, con comunicación permanente con Tánxer e as Illas Canarias, e o seu crecemento lento pero sostido convérteno nun dos primeiros portos españois.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto da Baía de Cádiz |
- Sitio web oficial Arquivado 05 de setembro de 2011 en Wayback Machine.